martes, 18 de junio de 2013

Que é o aparato digestivo?
O aparato dixestivo está formado polo tracto dixestivo, unha serie de órganos ocos que forman un longo e tortuoso tubo que vai da boca ó ano, e outros órganos que axudan ao corpo a transformar e absorber os alimentos

Que é o esofago?
É un conduto músculo membranoso que se estende dende a farinxe ata o estómago.

Función do aparato dixestivo.
A función do aparato dixestivo é a transformación das complexas moléculas dos alimentos en substancias simples e doadamente utilizables polo organismo.

Cantos dentes temos en total ?
Oito incisivos que son os encargados de cortar os alimentos. Catro situados arriba e catro abaixo. Son os primeiros dentes que saen.
Catro caninos están para resgar en anaquiños alimentos duros como a carne. Dous arriba e dous abaixo a cada lado dos incisivos.
Oito premolares, catro arriba e catro abaixo;Oito grandes molares, catro arriba e catro abaixo;E ás veces catro moas cordais, tamén coñecidas como as moas do xuízo, dous arriba e dous abaixo; encárganse de triturar e esmagar o alimento.Se tes os dentes completos, incluíndo as moas de xuízo, poderás concluír que a natureza dota os seres humanos de 32 dentes, na mandíbula, para mastigar ben o alimento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario