As principais enfermidades do aparato respiratorio:
Insuficiencia respiratoria. Diminución da capacidade pulmonar para intercambiar gases. Pode ser causada polos depósitos de alcatrán do tabaco sobre a superficie respiratoria, por asma, por infeccións, etc.
Asma bronquial. Contracción repentina dos músculos bronquiais xeralmente debida a unha reacción alérxica. Provoca unha sensación de afogo moi desagradable.
Edema pulmonar. Infiltración de líquido (líquido seroso) que invade o interior dos pulmóns provocando insuficiencia respiratoria.
Infarto de pulmón. Dor moi forte no peito provocado por unha embolia pulmonar, é dicir por un coágulo que obstrúe un vaso que achega sangue aos tecidos pulmonares.
- Explica o proceso que se produce nos alvéolos pulmonares.
Os alvéolos pulmonares son sacos recubertos na súa parede interna por líquido e axente tensoactivo, hai aproximadamente 750 millóns deles en todo el aparello respiratorio, ubicados nas terminacións dos bronquíolos pulmonares. Neles prodúcese o intercambio de gases entre o sangue e o aire inspirado. Este intercambio permite ao organismo obter o gas principal para o mesmo (osíxeno).
Como se orixina a voz humana?
A voz humana é producida na larinxe, cuxa parte esencial, a glote, constitúe o verdadeiro órgano de fonación humano. O aire procedente dos pulmóns, é forzado durante a expiración a través da glote, facendo vibrar os dous pares de cordas vogais, que se asemellan a dúas lingüetas dobres membranáceas. As cavidades da cabeza, relacionadas co sistema respiratorio e nasofarínxeo, actúan como resoadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario